7/5/07

BENVIDOS INTERNAUTAS

Benvidos a todos!!! Hoxe comeza a editarse esta bitácora que falará sobre o concello de Mos e que estará elaborada polos propios veciños.

Falaremos da historia do noso concello, os personaxes ilustres e de todas as novas culturais que se produzan nel. Así mesmo, colaboraremos con outros blogeros do concello de O Porriño que farán o propio no seu concello.

Este blog ten como punto de partida a celebración o vindeiro día 17 de maio do Día das Letras Galegas e do Día de Internet na Rede de Dinamización que como sabedes é unha iniciativa da Consellería de Industria.

O noso esforzo centrarase en conectar estes dous concellos e crear un vínculo on-line entre os seus veciños a través dos posts que cada semá iremos incorporando. Noraboa internautas por este paso que xuntos acabamos de dar e moita sorte na vosa andanza pola globoesfera.

No hay comentarios: