15/5/07

ola!! Cheghei na ghamela.

Isto de navegar éche ben perigoso. Uns navegan en adsl e outros aínda andamos en gamela.
A naveghasión virtual esíxeche outras ferramentas novas e xa non nos chega con saber nadar e gardar a roupa. A palabra máis perigosa de todas, a que máis fire e que ofende moito máis que ningunha é "obsoleto": está obsoleto o PC da casa; está obsoleto o meu polgar, que máis ben parece pezuña segundo din os máis novos; está obsoleto o meu cerebro, que parece que no canto de materia gris ten madeira con caruncho e non dispón das suficientes conexións neuronais para que se aprece a diferencia co ADN da mosca do vinagre.
De todos os xeitos, ningún cerebro desenvolvido dos que circulan hoxe por aí vai conseguir que perda esta calma tan boa que me caracteriza, nin tampouco deixar de acelerarme cando me pete e considere preciso.
Con ferramentas arránxase todo. Noelia regálanos algunha.

1 comentario:

Miguel dijo...

Claro que si, que non te alteren eses cerebros "desenvolvidos". Cada un naceu cando naceu e viviu as experiencias que viviu que iso é o que fae que pensemos como pensamos. Se nos tiveramos nacido neste século dominariamos as tendencias propias da nosa época, como son os ordenadores. Non por iso somos obsoletos, senón mais experimentados.